20.5.07

UN PROGRAMA COMPROMETIDO CON TRASMONTE

As 50 persoas que se xuntaron connosco no Local Social de Trasmonte escoitaron emocionados como lles ofrecíamos un programa comprometido con Trasmonte, cos veciños e coas súas necesidades.

Os servizos, a atención ás persoas, o mantemento do patrimonio, das estradas e camiños e o estar presentes nas parroquias, no rural e ao lado da xente é un compromiso firme do noso partido co concello. Trasmonte terá o que necesita se fai un voto popular, lembreille aos veciños desta parroquia que o noso será un goberno para todos e contando con todos.

No hay comentarios: