20.5.07

LER CO PP DE AMES RESULTA “DIVERTIDO E AXÚDATE A APRENDER”


LECER CONNOSCO: UNHA TARDE DE SÁBADO ENTRETIDA PARA TODOS

Os nenos, nenas e pais que se achegaron ata a sede popular de Ames, en Bertamiráns, gozaron dunha divertida tarde creativa, imaxinativa e moi educativa.

Para o PP de Ames a lectura é o comezo do aprendizaxe, e que mellor modo de facelo que si é divertido. Con cantos e xogos os populares e pais animaron aos nenos para que lesen en voz alta para o resto dos convidados. Con maioría de lecturas en galego, non faltaron libros en castelán, nin historietas en inglés.

Os nenos e nenas demostráronlle aos do PP de Ames e aos seus pais que ser pequeno failles ser mais curiosos e ter mais ganas de aprender cousas novas, de coñecer o pasado de Galicia e doutras culturas.

Para os rapaces que leron en Bertamiráns cos populares “ler é divertido e axúdache a aprender”.

No hay comentarios: