20.5.07

AGRÓN DESBORDA O NOSO MITIN NESTA PARROQUIA


Conseguimos encher e desbordar, coa cantidade de xente que había, o noso mitin no teleclub da igrexa en Agrón. Máis de 70 persoas foron testemuñas dun emocionado discurso do noso concelleiro popular, aínda en funcións, Andrés Mosquera, que nos deu paso aos novos candidatos. Pola miña parte, afirmeille aos veciños e veciñas desta parroquia que deixarei o mellor de min por e para Ames.

Os membros do meu equipo e mais eu compartimos con Agrón a nosa ilusión con este proxecto e explicamos que o noso traballo será constante, cun proxecto factible e ao lado da xente, sempre.

No hay comentarios: