12.5.07

UN PASEO POR BERTAMIRÁNS


JOSÉ MICHAVILA PRESENTOUME COMO O NOVO ALCALDE DE AMES


A CANDIDATURA POPULAR E O EX MINISTRO DE XUSTIZA DO PP VESTIMOS BERTAMIRÁNS COS CARTEIS DO PARTIDO


Ás 10 da mañá de hoxe, sábado 12 de maio, Bertamiráns vestíase coas cores do Partido Popular. Os meus compañeiros de equipo, o ex Ministro de Xustiza e actual Deputado popular por Valencia, José Michavila, e mais eu percorremos as principais rúas e prazas de Bertamiráns falando coa xente. Michavila presentoume como o novo alcalde de Ames.

Moi animados, e seguidos por unhas vinte persoas, Michavila e mais eu estivemos achegando as ideas do noso partido aos veciños de Ames. Con moi boa resposta por parte da xente de a pé, o paseo durou dúas horas aproximadamente e serviu para amosar que no PP traballamos duro e que estamos seguros de que acadaremos a maioría absoluta.