12.5.07

O NOSO PRIMEIRO MITIN, PIÑEIRO


UNHA REUNIÓN RETROACTIVA E COA PARTICIPACIÓN DINÁMICA DOS VECIÑOS

OS MEMBROS DA CANDIDATURA POPULAR DE AMES REIVINDICAMOS QUE O RURAL É FROITO DUN COMPROMISO

Piñeiro, unha parroquia emblemática

O venres 11 comecei o mitin de Piñeiro, referíndome a esta parroquia como emblemática para o concello, e o límite, é onde se funde Ames e comeza outro municipio. Reiterei que o rural é froito dun compromiso para os populares, temos que apostar por ese compromiso e preocuparnos polo medio rural. Expliquei que hai que proporcionarlle a toda a poboación por igual os recursos e servizos que requiren; no caso de Piñeiro o saneamento, beirarrúas, puntos de luz, servizo de limpeza e sobre todo estudar as posibilidades dunha liña de transporte. Para o nós “non se pode arredar ás aldeas dos núcleos urbanos”, consideramos que se deben de rematar as diferenzas de atención que os separan.

Resaltei que non se fixo nada nestes catro anos, que non houbo ningún cambio no concello. A resposta das 50 persoas que enchían a Casa Escola foi instantánea. Os veciños esbozaron con detalle o incumprimento das promesas do actual alcalde, Carlos Fernández, mulleres e homes falaron de cartas firmadas dende hai dous anos, polo alcalde, para a posta de alumeado, accións que ata o día de hoxe non foron realizadas. Os habitantes de Piñeiro participaron activamente no mitin e foron os verdadeiros protagonistas.

En todo momento subliñamos que o noso obxectivo nestas reunións é achegarnos ás preocupacións dos veciños, ofrecéndolles un proxecto sólido, un proxecto real e único.

No hay comentarios: