24.5.07

Sobre carpinteiros, construtores e alcaldes

Estimador Sr. Fernández:

Marcha vostede polos cerros de Úbeda cando di na Ser que o 26% da súa carpintería figura no rexistro de bens do Concello, e sen actividade nos dous últimos anos. Nós o que quixemos dicirlles aos amienses é que os seus socios na carpintería teñen, pola súa parte, unha promotora inmobiliaria que, na actualidade, está a edificar unha morea de pisos no Milladoiro. Nada máis e nada menos. A nós non nos parece moi ortodoxo, e menos cando o seu Partido Socialista e o sr. Touriño pregoan que acabarán cos alcaldes-construtores. Sería mellor que seguise coa carpintería activa e cos seus traballadores. Moito mellor que o feito de que socios seus recentes (e "amigos", dito por vostede na radio) constrúan en Ames, hoxendía, por valor de centos de millóns das antigas pesetas. Digo eu.

1 comentario:

Anónimo dijo...

SEGUN SUS PALABRAS NINGÚN ALCALDE PUEDE TENER UN AMIGO CONSTRUCTOR, NI PROMOTOR...NI DUEÑO DE UNA EMPRESA QUE PUEDA TENER ALGO QUE VER CON CUALQUIER TIPO DE CONTRATO QUE SE CONCEDA DESDE EL MUNICIPIO. ¿NO DEBERIA APORTAR ALGUN DOCUMENTO ADEMAS DE LA SOSPECHA? ¿LA AMISTAD ES DELITO POR SI MISMA?