CUNHAS LIÑAS DE ACTUACIÓN ‘CAPACES’, OS POPULARES OFRECÉMOSLLE AOS VECIÑOS O QUE AMES NECESITA
DENDE O PP COMPROMETÉMONOS A CUMPRIR TODOS OS PUNTOS QUE OFRECEMOS, UNHA VEZ ACADEMOS A ALCALDÍA
Os populares amienses colgamos o cartel de repleto en Aldea Nova. Preto de 150 persoas enchían o Local Social de Aldea Nova, e arroupaban á deputada no Congreso por A Coruña e vocal da Comisión Mixta dos Dereitos da muller e de Igualdade de oportunidades, María Jesús Sainz García, ao ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, aos membros da candidatura popular á alcaldía de Ames e a min.
Subliñei ante todo que o noso é “un programa capaz de executarse”. Expliquei as que serán as nosas liñas de actuación e que cumpriremos ao pé da letra a partires do día 28 de maio, unha vez que o 27-m os populares nos fagamos coa alcaldía de Ames.
Tamén fixen fincapé en que se axilizarán as listas de espera para a expedición de certificados dende o concello; todos os trámites burocráticos teñen que ser máis doados para os habitantes do concello, dixen. Tamén expliquei que sucederá o mesmo coas listas de espera para falar co alcalde, porque vou ser “dende o día 28 un alcalde que estea preto da xente, todos os días nas rúas, nas parroquias, en locais sociais como o de Aldea Nova”, para resolver os problemas dos veciños.
As medidas presentadas no programa do PP cumpriranse, todas e cada unha delas, unha vez o goberno de Ames sexa un goberno popular. A candidata número dous, Ma. Dolores Fernández Álvarez, veciña de Aldea Nova, faloulle aos presentes dos seus problemas máis comúns, problemas que, dixo, vai resolver o PP de Ames: eliminar o feísmo en Aldea Nova, o amaño das zonas verdes, a mellora das zonas deportivas, a dotación de hidrantes para evitar os incendios, a ordenación do tráfico, dotar Aldea Nova cunha gardería e un Centro de día, seguridade para os veciños, entre outras.
Por outra banda, María Jesús Sainz afirmou que teño a “credibilidade” que necesita un candidato para gobernar, que dende o Partido Popular nos ofreceron o máis rotundo apoio dende o principio, e que eu son unha persoa de confianza para o PP.
Santiago Amor é para Sainz: “mozo, dinámico, emprendedor, é alguén que sabe o que Ames necesita”. Teño recursos e un equipo para resolver os problemas de Ames, así o dixo a deputada popular por A Coruña.
Finalmente Enrique López Veiga explicou que renovar un partido non é doado, porque implica que hai que ter actitude para resolver problemas concretos. Nós temos esa aptitude, e Ames necesita ter ao PP ao fronte do concello para mellorar, segundo López Veiga. Todas as necesidades dos veciños veñen reflectidas no programa dos populares agregou satisfeito o ex conselleiro de Pesca.
Así mesmo, fixo fincapé en que son un candidato que goza de xuventude, sen prexuízos e con visión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario