23.5.07

Seidón pide a palabra



Dende SEIDÓN pídennos aos grupos políticos que os tomemos en conta. A Asociación de Veciños do Milladoiro achegouse á nosa sede para compartir comigo as súas inquedanzas con respecto ao futuro do Milladoiro, ao de Ames e ao seu futuro en particular.

As asociacións son entes vivos, con voz propia, e por iso cómpre escoitar aos veciños. Díxenlles que o noso programa eleitoral está feito coas opinións dos habitantes do concello e coas súas propostas. SEIDÓN quere ter un espazo propio, uns medios para poder desempeñar as funcións da asociación. E manifesta que é un colectivo que ten voz propia.

Eu asegureilles que cando sexa Alcalde tereinos moi en conta, ao igual que ao resto de asociacións, en función da actividade que realicen. Porque pertencer a unha asociación é ser un colectivo de veciños con dereitos e obrigas.

No hay comentarios: