23.5.07

Hai que ser máis elegante señor Fernández

O Partido Popular de Ames vese na obriga de responderlle a Carlos Fernández con respecto as súas acusacións en torno a actividade profesional do candidato número 5 da nosa lista e actual concelleiro, José Pérez Bello.

Carlos Fernández intenta manipular á opinión pública para así tapar vergoñas propias. Parece mentira que un ex sindicalista ataque deste xeito a un simple traballador.

Dende o PP de Ames temos que dicir que José Pérez Bello é administrativo de obra dunha construtora, coa categoría de técnico de organización; polo tanto, a documentación que presenta no Concello ten que ver, única e exclusivamente, cos acoutamentos de zona, sinalización, etcétera. En definitiva, procedementos referidos e relacionados tan só coa súa función como técnico de organización nas obras que ten asinadas.

Calquera persoa ben intencionada e sen afán de manipular ou enganar sabe que un capataz, un encargado ou un administrativo técnico dunha obra non forma parte dos mandos intermedios, nin moito menos do corpo directivo.

Danme ganas de lembrarlle a Carlos Fernández a súa penosa xestión cando foi xerente da cooperativa de vivendas PSV da UGT.

No hay comentarios: