22.5.07

Medio cento de veciños de Biduído asistiron ao noso mítin

Este serán o local social de Biduído escoitou as voces dos máis de cincuenta veciños que alí se xuntaron para falar con nós. Ofrecinlles mellorar os servizos, tanto nos núcleos urbanos coma nos rurais.

Os veciños pedíronme máis seguridade, que se respecten os sinais de velocidade e maiores investimentos na parroquia. Os alí reunidos preguntáronse onde están os cartos que di Carlos Fernández que investiu en Ames, porque en Biduído, polo menos, non os atopan.

Comprometinme a dirixir un goberno móbil, onde os habitantes de Ames non terán que esperar polo Alcalde, senón que manterei reunións permanentes cos veciños e estarei sempre na rúa, para non perder de vista os problemas e as necesidades do concello.

No hay comentarios: