17.5.07

A QUEN LLE VAS VOTAR? A SANTIAGO AMOR


A FRASE DE CARLOS ITURGAIZ OBTIVO UNHA RESPOSTA EXITOSA NO MILLADOIRO

O EURODEPUTADO E MAIS EU REPARTIMOS O PROGRAMA E OBTIVEMOS UNHA EXITOSA REACCIÓN DA XENTE DESTE NÚCLEO


Hoxe o Milladoiro encheuse coas voces populares. Os membros do meu equipo e o ex presidente do PP Vasco e Eurodeputado, Carlos Iturgaiz, e mais eu estivemos facendo a pregunta clave para estas eleccións no Milladoiro. Todos xuntos percorremos as principias rúas e prazas da urbe e obtivemos a resposta desexada: A quen lle vas votar? A Santiago Amor.

Moi animados, acompañados polo tempo e rodeados polos membros da nosa candidatura, polos nosos amigos e polos nosos simpatizantes, entre todos vinte persoas, Iturgaiz e mais eu estivemos paseando polo Milladoiro dende as 12:30 ata as 13:45 aproximadamente.

Cunha exitosa reacción por parte da xente, ambos os dous presentamos o programa e as ideas da nosa candidatura para Ames, a todos aqueles cos que coincidimos polas rúas. Para nós un dos logros desta mañá foi que moita xente xa se nos achega ela soa. Nós ofrecémoslle ao Milladoiro todo o que nestes catro anos Carlos Fernández “esqueceuse de darlle”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Primeiro: hai que coidar un pouco máis a corrección lingüística, queda bastante mal que un candidato a alcalde escriba con erros abundantes e gordos, ¿xa non se lle ensina á xente nova a escribir?, daquela vaia alcalde dará... ¿Iturgaiz escribe o éuscaro así de mal?
Segundo: ¿con 16 anos no PP? Pois hai que estar ben desesperado, porque non me parece normal que con 16 anos se vexa o mundo desde a dereita máis radical, iso é algo antinatura e é para sospeitar...

Anónimo dijo...

Vale, como siempre hay algunos que se quedan más con la forma que con el fondo. No he visto errores en esta página pero claro ya se sabe que cada año nos inventan un idioma distinto. Y respecto a lo del PP desde los 16 años, por si usted no se enteró estamos en una democracia y cada cual puede pensar lo que quiera. El pensamento es libre también a los 16, y por supuesto ya existe pensamiento a esa edad (está claro que no en su caso). Por cierto, estamos hablando de PP no de Fuerza Nueva. El comentario anterior claramente responde al pensamiento de una persona fascista. Por cierto, le escribo en castellano, ¿por qué? para ponerle a usted nervioso.