17.5.07

CRUXEIRAS ESIXE INVESTIMENTOS NO RURAL

IMOS A TRABALLAR POLO POBO, PARA SACALO DA DÉBEDA TAN GRANDE QUE TEN O CONCELLO

CRUXEIRAS ESIXE SABER ONDE ESTÁN OS CARTOS QUE ‘SUPOSTAMENTE’ INVESTIU CARLOS FERNÁNDEZ EN AMES

Os populares de Ames fomos, hoxe 16 de maio, testemuñas de como os veciños de Cruxeiras reclamaron onde están os investimentos que tanto proclaman e que tanto prometeron os socialistas e os nacionalistas, e dos cales non se ve “ningún en ningunha das parroquias de Ames”.

A xente de Cruxeiras quere que os gobernantes miren de coidar o patrimonio arquitectónico, tan abandonado pola política do cemento do PSOE-BNG. Cruxeiras quere un goberno que lles escoite, que lles atenda. Cruxeiras quere un goberno popular.

As 40 persoas que nos acompañaban a min e ao meu equipo, no local de Escola, en Cruxeiras puideron expresarse tal e como se sentían. Pola miña parte, recalquei que o noso sería un goberno que traballaría por e para a xente, por subsanar esa débeda e facer cos cartos investimentos palpables, visibles, reais. Obras para a xente, servizos para Cruxeiras, actividades para todos. Os membros do PP de Ames aseguramos que imos traballar por Ames.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Primeiro darche a noraboa, e esperar que acabes cos chupóns e ladróns que temos no poder, estes que falaban do señor Astray e agora velaí tés... ¿Que fan cos nosos impostos? Obras non fixeron nadiña, bueno si, inaugurar as que deixou o outro goberno e apropiarse delas. O rural está esquecido, os da aldea só contamos para pagar, e para que dunha forma encuberta nos expropien os terreos, ben sexa para "Poligonos que antes non exitían" ou como franxas de seguridade para os señoritos das "Urbanizaciones" a las afueras... ¿Pagan eles máis ca nós? ao mellor ao Sr. Fernández si... E a vós decirvos que despertastes algo tarde, xa que Roma non se gañou en 15 días...