12.5.07

Ás 00:01 mans á obra!


Este venres 11 de maio, ás 12 horas e un minuto da noite, dimos comezo á nosa campaña electoral. Nin un minuto máis, nin un menos.

O Partido Popular de Ames demostroulle aos veciños e veciñas do concello que nos gusta facer as cousas como é debido. Dentro da legalidade, con moita enerxía e case a candidatura ao completo puxemos en marcha a pegada de carteis. Gozamos coma se di popularmente "como ananos". Cheos de alegría o meu equipo e máis eu percorremos Bertamiráns e Milladoiro e pegamos a nosa petición de voto nas principais prazas e rúas destas urbes. Pese á choiva e ao frío que facía, eramos algo máis de 20 persoas as que nos encargamos de encher estes dous núcleos coa nosa imaxe.

Este foi só un comezo simbólico, o verdadeiro poder está nas rúas, está na xente, ti tes o poder de decidir que queres para Ames.

¡Santiago Amor pídeche un voto popular!

No hay comentarios: