22.5.07

NO PP DE AMES TEMOS PRESENTES AOS NENOS E ÁS FAMILIAS NO NOSO PROGRAMA


As familias: ‘Piar’ da política popular en Ames en xeral e no Milladoiro en particular

Un castelo inchable era hoxe, 21 de maio, o escenario dos nenos e nenas do Milladoiro. Rodeados polos seus pais, os rapaces desta urbe de Ames gozaron dunha tarde entretida saltando e xogando no interior do castelo inchable que os membros do PP trouxemos ata a Praza de Manuel Murguía.

Foron dúas horas de actividade intensa para o colectivo infantil do Milladoiro. Dende as 18 e ata as 20 horas os máis pequenos do concello foron os protagonistas dunha proposta popular que reflicte o noso interese e preocupación pola atención ás familias e á infancia.

O meu equipo e mais eu queremos reivindicar que “as familias son o piar” da nosa política. Espazos verdes, zonas recreativas, garderías, axudas de ata 1.000€ por nacemento, etc… son algunhas das liñas que levamos no noso programa os populares amienses para o concello en xeral e para Milladoiro en particular.

Eu estiven esta tarde na praza de Manuel Murguía observando como un cento de nenos brincaban no castelo.

No hay comentarios: