20.4.07

Xa somos máis de 25.000 habitantes en Ames

Hoxe temos un motivo máis, en Ames, para estar alegres e satisfeitos. Para o Partido Popular o crecemento do noso concello é froito dunha labor de anos. Os 25.056 habitantes que hai censados, ata hoxe en Ames, sitúan ao concello no primeiro lugar en explosión demográfica de toda a comarca e de Galicia.

Sen embargo, teño que puntualizar que esto é debido a unha labor de anos. Estánse a recoller os froitos do sementado durante anteriores lexislaturas. Esta cifra é un factor máis para decidir sobre a futura planificación do municipio amiense.

Para os populares un censo coma este nos indica que se debe de procurar, dende o goberno, desenvolver un crecemento sostible, crecemento que proporcionará aos veciños benestar e calidade de vida. Para desenrolar, con estas características e nivel de prosperidade, a vida do noso concello temos que aumentar os servizos, as zonas verdes, os espazos recreativos, temos que velar polas actividades económicas, educativas e temos que reordenar o territorio.
Esta labor irá encamiñada a facer a vida dos veciños máis agradable, a facer un concello máis atractivo aínda, tanto para os censados en Ames, coma para os que só residen aquí, dende o PP de Ames estamos seguros de que hai que seguir sementando para conseguilo.

No hay comentarios: