26.4.07

Temos o mellor equipo para sumar maioría absoluta


DOCE MULLERES E TRECE HOMES CONSTITUIMOS

“A MELLOR LISTA DA HISTORIA DO PP DE AMES”

UNHA CANDIDATURA PLURAL E REPRESENTATIVA DE TODO O CONCELLO, PARA GAÑAR CON MAIORÍA ABSOLUTA


A tarde do luns 23, ás 17:30 horas, a número 2 da lista, Mª Dolores Fernández Álvarez, o secretario xeral do partido e número 3, Ramón Argibay, e máis eu facíamos pública a nosa candidatura, na sede do partido no Milladoiro.

Declarei publicamente que considero que este “probablemente sexa o mellor equipo da historia do PP amiense”. Cunha forte aposta pola renovación, a lista configurámola doce mulleres e trece homes; unha lista plural e representativa de todo o concello e a todos os niveis, social, económico e territorial.

Os populares de Ames temos claro que esta é unha candidatura feita para gañar as eleccións cunha maioría absoluta. As persoas que a constituímos somos un equipo profesionalmente recoñecido, ilusionados, responsables e con capacidade de xestión. Todos nós temos un amplo coñecemento do concello tanto a nivel territorial coma social.

No hay comentarios: