


Alfonso falou de Ames como un concello tipo, porque combina os asentamentos de poboación tradicionais cos novos veciños urbanos. Un concello, dixo, xove e dinámico nunha área metropolitana. Por eso, "seremos moitos os que o 27 de maio, ás dez da noite, miremos os resultados de Ames; porque se gañamos ben en Ames, gañaremos en moitos outros sitios", concluíu. Menudo órdago, pensei. Pero eu, o noso equipo, os nosos militantes e simpatizantes e os nosos conveciños faremos que sexa unha realidade. Por iso dixen alí que os metros que nos separan do Casa do Concello son tan poucos como os votos que nos distancian da maioría absoluta: "Axúdademe a percorrelos para que teñamos un Alcalde Popular". Ese é o reto, e imos a por todas. Grazas anticipadas. Conto con vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario