18.4.07

O novo MERCADONA

O mércores 18, ás 18 horas, estiven presente na inauguración do novo supermercado de MERCADONA en Bertamiráns.

Para os populares resúltannos moi importantes todos os investimentos que se realizan no Concello de Ames, investimentos tanto económicos, coma empresariais, sociais, etc., xa que todos eles repercuten no crecemento do municipio, da súa economía e da afluencia de xente dos arredores cara as terras amienses.

Para os que conformamos o PP de Ames, o tecido empresarial é fundamental porque crea riqueza, postos de traballo e fai que este concello medre e sexa atractivo.

No hay comentarios: