17.4.07

O Partido Popular de Ames con Conde Roa


O martes 17, dende as 20:30 horas, os populares amienses achegámonos ata o Hotel Araguaney, en Santiago de Compostela, para amosar o noso apoio ao candidato do PP, ao goberno da capital galega, Gerardo Conde Roa.

Como candidato a alcaldía de Ames, eu estiven presente na presentación pública desta candidatura coa finalidade de demostrarlle a Conde Roa que tanto o Partido Popular de Ames, como moitos dos habitantes do noso municipio, veciño ao compostelán, estamos tamén con el.

Hai que lembrar que unha gran porcentaxe dos votantes censados en Compostela residen no concello amiense. A poboación de Ames superou, nestes últimos anos, a media de crecemento do resto de municipios galegos.

No hay comentarios: