19.4.07

A NOSA SEDE DE BERTAMIRÁNS: INAUGURACIÓN OFICIAL



A nosa sede de Bertamiráns queda oficialmente inaugurada!. O evento, levado a cabo este xoves día 19 de abril, dende as 19:30 horas, contou coa compañía do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, que nos amosou a súa amizade e confirmou que nos brindará o seu máis rotundo apoio no corto percorrido que nos queda ata as vindeiras eleccións.

Os afiliados, simpatizantes, amigos e membros do noso partido, os do PP de Santiago, os do de A Baña e os do de Negreira, así coma moitos veciños e veciñas amienses, compartiron este momento de alegría connosco. Preto dunhas 100 persoas estivemos na inauguración.

A nosa sede, situada na rúa Ameneiral No. 18, foi aberta ao público o 15 de marzo, e teñen pasado por ela preto dunhas 575 persoas máis. Non todo foron alegrías, hai que lembrar que o 25 de marzo as paredes da sede espertaban con pintadas insultantes, que denunciamos a Garda Civil.

O horario de atención desta oficina é de 10 a 13 horas e de 18 a 21 horas. Os teléfonos: 981 523029 e 650842323. O correo: queroparticipar@ppdeames.org

No hay comentarios: