Dende o Partido Popular de Ames organizamos actividades, como charlas ou debates, na nosa sede de Bertamiráns. FALA CON NÓS! é o lema destas charlas e a súa finalidade é a de achegar a todos os veciños e ás veciñas do Concello, aos seus afiliados, simpatizantes e a calquera outra persoa, sexa de Ames ou non, a nosa política, a política popular.
Preto de celebrar a inauguración oficial da nosa sede en Bertamiráns, aberta ao público o 15 de marzo, os populares convidamos a Ames a charlar co senador pola provincia de Pontevedra e portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
Moi achegado durante anos á política galega, Portomeñe compartirá cos amienses e cos populares deste concello a súa visión da actualidade política da comunidade galega, a do concello de Ames, e apoiarame no meu percorrido ata a alcaldía de Ames.
A cita foi este sábado 14, ás 17 horas, na sede do PP de Ames, en Bertamiráns. (rúa Ameneiral no.18, no cruce da estrada a Negreira, na entrada de Bertamiráns).
Insistín ante os convidados e asistentes a esta charla, con Víctor Portomeñe, que do que se trata é de saber que necesita Ames, cales son os problemas das persoas, as ilusións e necesidades dos veciños, as preocupacións e as ideas de todos, porque todos os veciños xunto cos políticos formamos Ames e, na nosa opinión, a dos populares, en conxunto buscaremos o mellor presente e futuro posible para o concello.
Pola súa parte, Portomeñe incidiu en que a miña xuventude é unha virtude que hai que aproveitar. Na opinión de Víctor, esa xuventude darame forzas para gañar; impulsará a miña paixón pola política, os meus desexos para acadar o benestar das persoas. Portomeñe recalcou que a nova cara do PP loitará ao pe das rúas, xunto a xente e falando cos veciños para acadar as alcaldías dos concellos galegos, a presidencia da Xunta e o goberno de España.
1 comentario:
Creo que Portomeñe non é mal tipo, malia que a min me castigou como xornalista no ano 93. ¡Adiante, Santi!
Publicar un comentario