13.4.07

Celebrando o remate dos estudos

Hoxe, venres día 13 de abril foi un día moi especial para os alumnos da IX Promoción de Licenciados en Química. Hoxe estes mozos e mozas reuníronse na Aula Magna da Facultade de Química, no campus Sur, ás 18 horas, para celebrar ter rematado os seus estudos, ter acadado o seu diploma, ter finalizado a súa carreira na Universidade.

Eu, pola miña parte, só teño que dar as grazas por terme convidado a este evento, en calidade de secretario da Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela, e dicirlles que "van agora a precisar a súa Universidade moitas veces ao longo da súa vida profesional e a USC vai precisar da súa axuda, por iso aproveito ademais felicitarlles a eles e as súas familias por case concluír esta etapa, animarlles a formar parte desta gran familia que xa somos a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago e que, con humildade pero con moita ilusión, pretende axudar a manter cada vez mellor esta Universidade que tamén e a súa".

O acto foi presidido polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC, Máximo Pló Casasús, e tivo como oradores aos alumnos David Ríos Iglesias e Saleta Vázquez Rodríguez, ao profesor e padriño da promoción, José Luis Castedo Expósito, ao decano presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, José Antonio Rodríguez Vázquez, ao decano da Facultade compostelá de Química, Ramón José Estevez Cabanas e a min mesmo.

No hay comentarios: