25.2.07

Presentación: 16 de marzo no Milladoiro







Estamos a preparar a miña presentación formal como candidato do PP á Alcaldía de Ames, que será o vindeiro 16 de marzo no Milladoiro, coa presenza do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (que por certo foi veciño noso). Tamén andamos a pór a punto a noso equipo de traballo e comunicación, así como o noso programa eleitoral, a falta só de 3 meses para os comicios. Axiña teredes un maior e máis directo coñecemento de todas as nosas actuacións e compromisos. Chega o momento da verdadeira renovación xeneracional, de atender a todos e de facer xestión responsable, con un goberno forte e cohesionado, e non como o de agora: unha coalición estanca, fragmentada e dividida. O novo Partido Popular de Ames está á vosa disposición. Unha aperta.

No hay comentarios: