14.1.07

O vertedoiro de Piñeiro fixo perder os papeis ao alcalde Carlos Fernández: Insultou a un concelleiro do noso grupo e deu un puñetazo na mesa




O terceiro punto da orde do día do Pleno da Corporación de Ames de hoxe Sábado 13 de Xaneiro, tratou sobre a petición do selado do vertedoiro de Piñeiro. O Partido Popular presentara unha moción o 31 de Outubro pasado solicitando o selado do vertedoiro con máxima urxencia.

Esta moción non foi atendida no pleno de Novembro e negouse a debatila hoxe, alegando que se iba a tratar nun punto da orde do día, por este motivo o Voceiro do Grupo Municipal do P.P. acusou o Alcalde de Ames Carlos Fernández de manipulador e faltar a verdade por argumentar que xa está clausurado o vertedoiro cando as veciñas e veciños da zona de Piñeiro saben da situación precaria e do abandono que a Concellería de Medio Ambiente, (B.N.G.) mantén ainda na actualidade.

Ante a intervención do voceiro popular na que se expoñía a deixadez e a falta de interese polo grupo de goberno para afrontar o selado do vertedoiro é, ata que o noso grupo denunciara ante os medios de comunicación e posteriormente presentara a mocióno o pasado 31 de Outubro, a coalición de goberno non iniciou os trámites para chegar a un acordo co propietario da finca onde se atopa o vertedoiro ata o pasado día 2 de Xaneiro do 2007. Isto demostra as presas e a improvisación coa que actúa a Coalición de Goberno. O Alcalde Carlos Fernández e a Concelleira do B.N.G responsable xustificaronse dicindo que a clausula 5ª do contrato de arrendamento da finca imposibilitaba chegar a un acordo porque técnicamente non era viable a plantación de eucalíptos e que mentras non se chegara a un acordo na modificación desta cláusula non se podería selar o vertedoiro.

O voceiro popular replicoulle que este acordo, que Carlos Fernández asumiu coma éxito persoal, púdose lograr fai moito tempo, porque nos tiñamos a certeza e a seguridade (porque así no lo anunciou o propietario da finca) de chegar a un arreglo . O que desatou as iras do Alcalde foi cando se lle recordou que no ano 2003 cando el estaba na oposición acousou o goberno do Partido Popular de delito ecolóxico , sabendo que nesas datas tomárase o acordo de que en canto se producira a apertura do punto limpio no 2003 que o Concello ten no Milladoiro e que ainda non está funcionando, se escomenzaría o proceso para o selado do vertedoiro. Ante esta afirmación o Alcalde perdiu os papeis e empezou a verter todo tipo de insultos e descalificacions persoais coma "ignorante político" , "falso" "mentireiro" ... acabando a súa intervención dando un puñetazo na mesa seguido de un "coño" o mais puro estilo antidemocrático propio de reximenes dictatoriais.

Para o Partido Popular de Ames que xa anunciara o seu voto a favor do selado,coma non podía ser de outra maneira, cre que a actitude agresiva mostrada no pleno polo Alcalde deixa en evidencia a coalición de goberno e non entende como o B.N.G. que presume de enarbolar a bandeira da ecoloxía, é cómplice de dúas gravísimas situacións:

A primeira dun delito ecoloxico xa denunciado no 2002, e a segunda dunha grave falta de sentido democrático.

No cuarto punto da orde do no que se tratou as alegacions a Relación de Postos de Traballo (RTP) presentadas por dous traballadores do Concello reclamando unha mellor clasificación, o Grupo Popular abstívose por considerar que non tiña a suficiente información ni participación na redacción da RPT, mentras que a coalición de goberno votou en contra.

No quinto punto da orde do día, acordouse por unanimidade refrendar o acordo co anterior asesor xurídico do Concello.

No hay comentarios: