15.5.11

TRANSPARENCIA. PUBLICO A MIÑA NÓMINA



A única actividade pola que cobro é polo meu traballo como concelleiro de Ames. Tanto o Secretario Xeral do PP de Ames, o meu compañeiro Ramón G. Argibay coma min publicamos hoxe a nosa nómina na páxina web do partido (www.ppdeames.org) en sinal de transparencia, a mesma que queremos para o noso concello. Facemos esta publicación porque no Partido Socialista afirman que cobramos moito máis do que realmente percibimos polo noso traballo na oposición. Quero aclarar tamén que lonxe de traballar unha hora ó día (como afirmou o señor alcalde)nós levamos catro anos traballando prácticamente as 24 horas ó día e sen deixar de pensar en Ames.

No hay comentarios: