14.5.11

A COBARDÍA DE CARLOS FERNÁNDEZ NON TEN LÍMITE

SE HAI CONCILIACIÓN NON HAI QUERELA POLO MENOS ATA QUE ESTA SE CELEBRE
O Alcalde de Ames busca titulares a toda costa e actúa con cobardía e baixo intereses electoralistas
Dende o meu partido, o PP de Ames, en resposta á conciliación que presentou o alcalde Carlos Fernández por considerar que a petición da documentación patrimonial é unha insinuación mal intencionada, afirmamos rotundamente que Fernández emprega esta acción xudicial como arma electoral, con cobardía e que o fai porque non se atreve a por unha querela.
Nós manifestamos o noso desexo de que Fernández presente unha querela xa que así poderíamos pedir toda a documentación que o señor Castro omite na súa declaración de bens patrimoniais, pero el sabe que se se querela con nós ten todas as de perder, por iso non o fai.
Proba de que esta actuación do alcalde socialista é electoralista e proba da súa cobardía é que presentou unha conciliación nun xulgado que non corresponde. Fernández foi a un xulgado de Santiago pero posto que Ramón G. Argibay, Bernardo Moar e máis eu temos o noso domicilio en Ames, a conciliación debería estar presentada no noso concello. O único obxectivo que o rexedor amiense pretende con esta actuación é que o caso se arquive ó non estar no xulgado que lle corresponde xa que a conciliación foi presentada por abogados expertos e procuradores.
Moar, Argibay eu, e máis eu reafírmámonos punto por punto en todo o que manifestamos porque temos información veraz. E pedimos QUE LLE DEIXE DE DAR VOLTAS E DE "MAREAR A PERDIZ" que Carlos Fernández presente dunha vez por todas a documentación patrimonial, e se non o fai...e que ALGO ESCONDE.

No hay comentarios: