15.5.07

TAPIA RECLAMA A SÚA EXISTENCIA

TANTO PARA O PP DE AMES COMO PARA OS VECIÑOS PRIMA O SANEAMENTO DAS PARROQUIAS

AMOR PROPÓN FACER UN CONCELLO MÓBIL

Os veciños reunidos no mitin popular, de hoxe, en Tapia reclaman que non se lles esqueza aos do goberno a súa existencia. Os membros do meu equipo, as 50 persoas reunidas no Local Social de Frenza e mais eu chegamos á conclusión de que unha parroquia, un aldea, un lugar, un pobo, non poden estar sen saneamento, sen alcantarillado. Esto é primordial para os veciños; despois virán o acondicionamento e coidado da zona recreativa e da praia fluvial de Tapia, o centro de día, o Internet. Pero sen dúbida, para nós, os populares, dotar aos veciños cos servizos básicos é a base para facer unha boa xestión nun goberno.

Eu dixen en Tapia que cando cheguemos á alcaldía imos promover un concello móbil, e máis, expliquei como: os gobernantes trasladarémonos dunhas parroquias a outras e faremos o noso traballo ao lado das casas, nas estradas, nas prazas, nas beirarrúas, nos camiños e nos montes, que é onde está a xente. Que é onde están as necesidades. Para o Partido Popular de Ames Tapia existe, o rural existe e coincidimos cos veciños en que hai que traballar por el.

No hay comentarios: