14.5.07

A AMEIXENDA FAILLE PROPOSTAS AO PP DE AMES


NON VOU A SER “UN ALCALDE DE OFICINA”, O MEU TRABALLO FAREINO FÓRA, NAS PARROQUIAS, NAS RÚAS E COA XENTE

OS VECIÑOS DA AMEIXENDA RECLAMAN QUE NON SE FIXERA “NADA” NESTOS 4 ANOS DE GOBERNO DO PSOE E DO BNG


O mitin de hoxe, 14 de maio, foi unha clara reivindicación do obxectivo das nosas reunións. No Partido Popular conseguemos reaccións da xente, acadamos participación involucrada dos habitantes de Ames nos nosos mitins. Unhas 70 persoas abarrotaron o teleclub da Ameixenda cumprindo a nosa vontade popular de que veciños e veciñas das parroquias falen connosco e nos amosen o seu pensar e o seu sentir.

Unha cousa teñoa moi clara, e así a dixen na Ameixenda: non vou ser un alcalde de oficina!, dixen alto e claro que ía estar nas parroquias, nas rúas e coa xente. Porque para os populares amienses o traballo non se fai dentro dun despacho. Cun único proxecto real e factible o meu equipo e mais eu ofrecemos á Ameixenda proporcionarlle transporte urbano, rematar o saneamento, limpar e amañar as pistas e camiños, facer un Centro de Día e procurar a concentración parcelaria.

En conclusión, presentei un plan para os veciños da Ameixenda, con todos os servizos que a día de hoxe tería esta parroquia se este goberno, o bigoberno do PSOE e do BNG, houbese continuado o ritmo de traballo que ata fai 4 anos lle dedicara o PP, así o asegurei diante das 70 persoas que nos acompañaban hoxe.

Os veciños e mais nós coincidimos nunha cousa claramente: nestes 4 anos “non se fixo nada na Ameixenda”, e máis aínda, nestes 4 anos “non se fixo nada en Ames”, este foi o proclamo, das 70 persoas e noso, nesta parroquia.

No hay comentarios: