25.5.07

O domingo, todos a votar, a votar PP e Santiago Amor


O Partido Popular de Ames chama á participación masiva dos veciños e veciñas de Ames o domingo, día en que se renovan as corporacións municipais, como signo de elevada cultura democrática.

Ames, concello dos máis novos e dinámicos de España en canto a poboación, atópase nunha conxuntura decisiva, polos retos das infraestruturas vindeiras e o propio desenvolvemento urbano de toda a área metropolitana. Chegou a hora de decidir unha alternativa renovada, cohesionada, solvente e comprometida: o proxecto realista e ambicioso do Partido Popular, con Santiago Amor á cabeza. Que son eu mesmo. E grazas a todos por seguir este blog de campaña. Unha cordial aperta.

CUNHA ANIMADA FESTA NO MILLADOIRO PECHAREMOS ESTA NOITE A CAMPAÑA.


No hay comentarios: