9.5.07

MARIANO RAJOY APOSTA POR AMOR


O martes 8 de maio estiven co presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy, quen me expresou todo o seu apoio e a súa confianza en que o meu equipo e mais eu chegaremos a alcaldía de Ames con maioría absoluta. A miña xuventude e a ilusión e ganas de traballar polo concello amiense de todos os membros da candidatura son os puntos máis importantes ao noso favor. Rajoy aposta por min, eu ansío que todos os veciños e veciñas de Ames aposten por min e pola candidatura popular porque o proxecto político de Ames construirémolo entre todos.

No hay comentarios: