8.5.07

PRESENTAMOS A CANDIDATURA POPULAR DE AMES NA CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS







¡encheMOS O RECINTO!


CO APOIO DO SECRETARIO XERAL DOS POPULARES GALEGOS, ALFONSO RUEDA, AMOSAMOS UNHA LISTA PLURAL CON REPRESENTACIÓN DE TODAS AS CAPAS SOCIAIS


Pedimos o apoio de todos para lograr a maioría absoluta, “imprescindible para gobernar”


A Casa da Cultura de Bertamiráns quedou pequena para acoller, este luns 7 de maio, o acto da presentación pública da nosa candidatura ás vindeiras eleccións municipais. É unha lista formada por un grupo de 12 mulleres e 13 homes, “plural, na que están representadas todas as capas de poboación e que reflicte a realidade política, económica, cultural, comercial e social da nosa vila”, en palabras do cabeza de cartel. No meu discurso subliñei que “tanto a candidatura como o noso programa están feitos a través da reflexión e o debate, o que mostra o noso carácter liberal, demócrata e aberto”.


Todos nos necesitamos e reclamamos o apoio e compromiso “de todos” para lograr a maioría absoluta o día 27 de maio, “imprescindible para gobernar”. Entre outras accións, recalquei que, “cando sexa alcalde”, poñería en marcha iniciativas cara á vertebración do territorio, con especial atención á “comunicación entre Milladoiro e Bertamiráns”. Avogamos por facer un estudo para implantar o transporte urbano en “todo o termo municipal”; crear un “gran parque de recreo con zonas verdes e espazos deportivos”; así como un “complexo deportivo no Milladoiro”; destinar o “50 por cento do aproveitamento do solo” para facer vivendas protexidas e dar facilidades aos mozos na adquisición da primeira vivenda; e, ademais, acometer a “humanización” dos núcleos urbanos.


En canto ás zonas rurais, subliñei que “as sacaríamos do abandono” en que se atopan e destaquei que levaríamos a cabo o saneamento, mellora no abastecemento de auga, numeración das casas, creación de beirarrúas, mellora dos puntos de luz, limpeza de cunetas, reparación de pistas e estradas e regulación da velocidade, entre outras actuacións.


Así mesmo, expliquei que a familia é un “piar básico” da sociedade, polo que anunciei axudas á natalidade “de ata mil euros”, así como novas infraestruturas de atención a nenos, como “garderías”, e a maiores, como “centros de día”, e outros servizos. Tamén fixen fincapé na necesidade de aumentar a seguridade cidadá.

No hay comentarios: