21.3.07

Almorzo con María San Gil e Conde Roa







Como membro do Partido Popular, quixen mostrar o meu apoio á candidatura de Gerardo Conde Roa á alcaldía de Compostela e acudín á comida celebrada esta tarde no Auditorio de Galicia. O evento contou cos membros do PP de Santiago de Compostela, cos amigos e cun cento de persoas afíns a Conde Roa e como invitada de honor con María San Gil, presidenta dos populares do País Vasco.

Cunhas emotivas palabras María San Gil agradeceu o agarimo de todos os presentes no almorzo e o de todas aquelas persoas que como ela loitan por garantir a liberdade de todos os cidadáns vascos, e de todos os españois. San Gil afirma que a principal preocupación dos españois é a banda terrorista ETA e que o goberno debe facer todo o que estea nas súas mans para protexer á xente de ser perseguidos, ameazados ou chantaxeados.

Conde Roa pola súa parte mostrouse satisfeito polo apoio da presidenta do Partido Popular Vasco e o dos convidados na súa andadura ata a alcaldía compostelá.

María San Gil felicitoume pola miña aspiración ao concello de Ames, desexoume sorte no meu camiño. Sorprendida pola miña xuventude, animoume a que ese fose un motivo máis para loitar con moitas ganas por intentar garantir o benestar da xente.

No hay comentarios: