7.12.06

Prezados amienses: BO NADAL E ANINOVO

O Nadal é por excelencia a festa máis familiar de todo o ano. As reunións con amigos e familiares constitúen un bo momento para expresar sentimentos que non soemos amosar o resto do ano. O Nadal tamén é tempo de reflexión, e unha oportunidade perfecta para afrontar situacións complicadas e conquistar novas metas.

O ano 2007 será transcendental para o noso Concello, un Concello xove que ten arelas de fraguar un cambio no día o día. Por eso, a familia Popular de Ames espera poder achegar a todas as veciñas e veciños as nosas propostas e contaxiar a nosa ilusión. O noso proxecto está encamiñado, especialmente, a mellorar a calidade de vida das persoas que formamos este magnífico concello, no que, ás veces, a separación territorial se traslada ás persoas.

Os que formamos o equipo do PP de Ames necesitamos a vosa colaboración. Xuntos faremos que o vindeiro ano veña cargado de cambios e novidades. O noso traballo e ilusión están asegurados. O cambio xeracional está feito.

Como Presidente do PP de Ames, e tamén en nome de todas e todos os que formamos o equipo, deséxovos un Nadal cheo de ledicia, esperanza e amizade, que o vindeiro ano 2007 colme as vosas vidas de felicidade e que a saúde acompañe todos os vosos proxectos. Feliz Nadal.

Unha agarimosa aperta,

Santiago Amor
Candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ames nas eleccións de 2007

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo Nadal tamén para ti e a vosa familia popular. Un amigo.

Anónimo dijo...

Bo nadal para tí e para todas/os veciñas/os de Ames. A ver si o aninovo trae por fín un cambio no noso esquecido Concello. Parece que a xuventude que aporta o PP empuxa con forza.

Unha aportación, deixádevos ver máis por Bertamiráns e o Milladoiro.

Apertas

Anónimo dijo...

Noraboa e ánimo, candidato. Esperamos de ti rectitude, firmeza e frescura nos teus comportamentos, actitudes e mesmo xestión.