19.5.11

Os candidatos do PP de Ames visitamos a fábrica de Feiraco, ubicada en Pontemaceira, para coñecer de preto os problemas e necesidades desta empresa


Dende o Partido Popular amiense quixemos recoñecer a labor económica e de dinamización do emprego en Ames levada a cabo pola cooperativa Feiraco.

Para o Partido Popular de Ames é imprescindible estar ó carón das empresas que se atopan no concello, é importante coñecelas de preto e saber que problemas e necesidades teñen e como as poden axudar dende a súa labor política. Por iso eu e os membros da candidatura popular de Ames visitamos esta tarde a fábrica de leite Feiraco situada en Pontemaceira.

A filosofía de Feiraco é exemplar en moitos aspectos e constitúe unha clara aposta polo sector lácteo de Galicia e dende o Partido Popular amiense tamén queremos apostar, dende a nosa responsabilidade política, polos traballadores do campo.

Feiraco foi galardoada co Premio Cooperativa Socialmente Responsable na categoría económica e o Ministerio de Sanidade recoñeceuna co distintivo de Igualdade na Empresa. Feiraco é un exemplo de gran calidade en productos, e a competitividade dos mercados non lle impediu nunca á cooperativa ter unha política laboral e social moderna.

Para o meu equipo e para min é moi importante a labor das empresas que, coma Feiraco, axudan a fixar poboación nos medios rurais e crean postos de traballo.

No hay comentarios: