25.12.10

Bon Nadal e Feliz 2011


En primeiro lugar quero aproveitar estas datas para comunicarme cas veciñas e veciños de Ames , e animalos a seguir neste tempos de crise coa súa labor. Vaia dende aquí tamén o meu apoio as familias de Ames que están a sufrir neste intre a dureza da situación económica e os colectivos e persoas que están a axudar co seu traballo coas súas achegas e o seu esforzo persoal para axudar os que mais están a sufrir esta situación.

Estamos no Nadal tempo por excelencia para compartir con familiares e amigos , e tempo para adicar tamén e facer balance do acontecido durante o ano e fixar os obxectivos a acadar cara o ano que ven.

Este ano que remata deixanos poucos cambios no día a día do noso Concello, seguimos a ver sempre o mesmo cando camiñamos polas nosas rúas, seguimos a sufrir a despreocupación e a falla de xestión do Alcalde , estamos a sufrir violencia dialéctica na vida municipal, incumprimentos por parte de quen nos desgoberna e seguimos a ver a situación crítica que está a sufrir a xestión económica municipal, débedas a autónomos, pequenos comercios, empresas e provedores, débedas as empresas que recollen o lixo e limpan as rúas en definitiva, unha situación de despreocupación, improvisación e dilapidación de recursos públicos tan necesarios
na conxuntura actual.

O vindeiro ano debemos ter esperanzas en que mellore a situación económica , debemos ter ilusión en que algo mude no noso Concello porque é posible e ademais é conveniente; debemos confiar nas persoas e nos proxectos que dende o noso equipo temos para Ames, uns proxectos moi ambiciosos para un concello que ten o valor máis importante do que se pode presumir, as persoas. Un concello que é a envexa de Galicia e de España porque dispón do mellor capital humano con eses 365 nacementos cada ano, ese zume novo polo que hai que traballar sen descanso e coa maior dilixencia e austeridade na xestión de fondos públicos.

E posible, é conveniente que no noso concello volvase a poñer en valor as zonas rurais dotando as parroquias dos servizos que merecen. Xa para rematar enviar moito ánimo para todos e dar moitas grazas polo apoio recibido neste último ano.

Que teñades un Nadal cheo de ledicia. BOAS FESTAS

No hay comentarios: