28.7.10

Dia de Galicia en Ames


Cando en 1919 a Asemblea das Irmandades da Fala, acorda celebrar ao ano seguinte o Día de Galicia, intelectuais como os irrmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Risco ou Cabanillas estaban adoptando unha actitude reivindicativa. Ao ano seguinte a revista A Nosa Terra, medio difusor das ideas das xentes das Irmandades, xa definía a data como: “de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira do home”.
Nun principio o que se reivindicaron foron as ideas galeguistas, despois as nacionalistas, e hoxe, con certa liberdade cada quen reivindica aquelo de que cre que carece o individuo ou a sociedade.

Como este é un día marcado polas reivindicacións, nós tamén queremos reivindicar aquilo do que máis carecemos. E nós entendemos que cada vez máis, carecemos de liberdades individuais. E, como entendemos, que non pode haber liberdades colectivas sen liberdades individuais, como entendemos que non pode haber unha sociedade libre sen cidadáns libres, nós temos que reivindicar esa liberdade individual da que carecemos moitas veces, condicionados polo excesivo afán regulador.
Xa no ano 2010 temos aínda que seguir esixindo liberdade para pensar, para ser solidarios, para formarnos, temos aínda que pedir ás diversas administracións que deixen de tutelar a nosa conduta eliminando dereitos e substituíndoos por deberes. Cada vez temos máis obrigas e menos posibilidades de desenvolvemento individual.
Hoxe, 23 de xullo de 2010, e con ocasión da celebración do DÍA DE GALICIA, o Partido Popular de Ames reivindica as liberdades individuais que nos van facer un pobo, unha colectividade libre e pide a todos os amienses que non deleguen nin a máis mínima responsabilidade que a historia lles conferiu como axentes transmisores dunha cultura. Galicia debe ser e ha de ser o que os galegos, todos os galegos, queiran. Os políticos deben, debemos, tratar de interpretar a vontade dos cidadáns e non impoñerlles a nosa, aínda que puideramos, que non podemos.
Este Día de Galicia ten un valor engadido adicional o coincidir o este ano 2010 en Ano Santo, por eso me gustaría aproveitar esta ocasión para pedirlle o Apostolo Santiago que interceda por Nos , por Ames, por Galicia e por España .
Tamén pedimoslle o Apostolo Santiago que se acorde das persoas que se están vendo afectadas pola crise e que están pasando dificultades económicas, familiares ou de calquera outra indole .
E por último gustaríame ter un recordo especial para todas aquelas persoas que viñeron de fora e que elixiron Ames como lugar de residencia ou de traballo
Nesta idea reivindicativa quixera citar estes versos do noso compañeiro o poeta Alfonso Rey que escribiu para esta ocasión.
Deixa de dicirme xa o que hei facer
que empezo a estar cansado de escoitar.
Sei como me teño que liberar
daqueles que me queren protexer.
De que nacín libre estou convencido
e non quero escribir ó teu ditado;
así que respecta ti o meu estado, que eu aínda penso,
aínda decido..

2 comentarios:

Lindeiros dijo...

nueva entrada en la comarcal

Lindeiros dijo...

nueva entrada en la comarcal