18.12.09

Feliz Navidad, Bon Nadal

O Nadal son as festas familiares por excelencia, son datas de reflexión. datas para gozar na compaña dos seres queridos e amigos pero tamén deben ser datas para pensar no acontecido ao cabo do ano. Os que temos algunha responsabilidade na vida pública, deberíamos tamén reflexionar si estamos a facer todo o necesario para mellorar a vida das persoas do noso entorno e si a nosa misión se está a cumprir. Os que estamos na vida pública, temos que facer un exercicio de reflexión dende a autocrítica para valorar si as actitudes que estamos tendo son as máis axeitadas para que a vida das persoas que nos rodean sexa cada vez mellor ,ao cabo, para iso estamos.

A vida política en xeral estase a converter nunha das principais preocupacións das persoas. A miúdo, escoitamos comentarios (as veces merecidos, a maioría non), despectivos e despreciativos sobre as actuacións da clase política tanto en público como en privado. Frases coma «Son todos iguais», «Están para servirse eles», «o único que lle interesan son os votos» etc. Etc. Están nas nosas vidas e as escoitamos con demasiada frecuencia nos írculos das amizades e incluso familiares.
Desde este espazo , quero dar unha mensaxe optimista porque considero que o único xeito de afrontar os moitos e grandes proxectos que se poden facer dende a vida pública é con ilusión e optimismo, ilusión e optimismo que sobranos aos membros do PP de Ames e que estamos dispostos a compartir con todas as persoas.

Xa para rematar querome lembrar nestes días das persoas máis desfavorecidas, das persoas que necesitan axuda, das persoas que non están a pasar os seus mellores intres e tamén das persoas que adican o seu tempo e o seu esforzo en axudar, calquera que sexa o xeito de facelo. Os tempos actuais son difíciles pero debemos ter fe e esperanza en que diante das dificultades e contratempos do a cotío tamén podamos sair . Estamos seguros que o vindeiro ano coa ilusión e co esforzo de todos sairemos adiante. Noraboa a todos os que traballan e axudan nesta situación, e confían en que o 2010 sexa un bo ano para todos.

Bo Nadal e feliz aninovo

No hay comentarios: