28.3.07

Lembranza dun día especial


Foi un día especial. Xa o creo. Quero volver sobre a data do 16 de marzo. Aquel venres, na Casa da Cultura do Milladoiro, eramos un cento de persoas, polo menos. Andaba algo nervioso, polas présas de última hora, pero sobre todo porque estaba alí a miña familia. Foi gratificante escoitar a Alberto Núñez Feijóo falando de min: "Santiago deu un paso adiante, é unha persoa valente, cando non temos nin a Xunta nin o Goberno de España". E seguiu: "Hai aquí novas vibracións, novo aire. Nós só imos pactar coa xente de Ames. Santiago: Tes que traballar moitísimo, pero non te desesperes, non te derrumbes nunca. Adiante". Tamén foi emocionante sentir falar a Juan Juncal: "Hoxe é un gran día. Comeza a conta atrás para recuperar a alcaldía de Ames. E para gañar contamos cun novo e xove candidato, conxugando tradición e renovación. Ames necesita un goberno forte e eficaz. A nosa oferta é seria para liderar os cambios de modernidade no concello de Ames, que é o noveno da provincia da Coruña e o décimo sétimo de Galicia, con case 25.000 habitantes". E Monchiño que fixo de realizador musical para dar cor e calor aos discursos. Un día para lembrar e un día de compromiso responsable cos amienses. Así o sinto eu.

No hay comentarios: